Visita "Detrás do Espello" | Día do Medio Ambiente 2023

A Cidade da Cultura ten preparadas varias propostas para celebrar o Día do Medio Ambiente a fin de semana do 3 e 4 de xuño. Entre elas imos percorrer nunha visita guiada moi especial as curiosidades que esconde a exposición "Detrás do Espello".

Nesta visita guiada repararemos en pezas concretas que van ser vistas dende unha perspectiva diferente ás visitas habituais. Desta vez analizaremos esas obras dende o punto de vista do medio ambiente, nunha experiencia coa que a bo seguro nos vai enriquecer.