Unha descuberta diferente do Gaiás para abraiarse cunha breve panorámica da súa arquitectura, coñecer as liñas mestras do proxecto, así como os principais usos e fitos do complexo e as claves do seu funcionamento. Visitaremos o espazo multiusos no andar -1 do Museo Centro Gaiás e un petisco dos espazos exteriores, que nos levará desde o Xardín do Teatro, con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, á monumental praza central vista desde a porta do Museo Centro Gaiás.
Información práctica
- Visita de balde.
- Requerirase inscrición previa en todos os casos. Por favor, selecciona a quenda que prefiras para realizar a túa reserva.
- Duración: 60' aproximadamente.
- Punto de encontro: Punto de información do Museo Centro Gaiás.
Importante
- Percorrido suxeito a modificacións por cuestións organizativas.
- Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
- Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
- Podes consultar aquí os diferentes modelos de visitas comentadas que ofertamos.

8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h