Viaxando a... Castela

Findes na Balea chega ao seu fin cun último obradoiro que nos leva de viaxe a... Castela. Castela é o escenario de dúas épocas diferentes da vida de José Suárez. Representando a primeira época, comezaremos empregando o coñecido retrato do seu gran amigo Miguel de Unamuno (1934) para facer un collage. Xa simbolizando a segunda época, elaboraremos unha recreación artística colectiva de fotografías da serie La Mancha, datadas no 1960.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)