Unha noite con Laxeiro | Monicreques

Ao abeiro da exposición Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970), a Cidade da Cultura propón unha actividade complementaria dirixida á cativada. O espectáculo de monicreques Unha noite con Laxeiro (producido por Títeres Natuacasa) fará que o universo de Laxeiro cobre vida dunha maneira moi especial para un público familiar.

Dende unha perspectiva infantil, con elementos baseados nas diferentes obras do recoñecido pintor de Lalín, un dos pais da vangarda pictórica galega, os nenos e nenas gozarán da historia de Pepiño. Trátase dun neno que realiza unha viaxe onírica na que se converte nun personaxe dun dos cadros de Laxeiro, vivindo diferentes experiencias e aventuras relacionadas coas propias obras do autor. 

Imaxinas darlle vida a unha figura creada baixo a pincelada dun artista como Laxeiro? Que pasará?