Teatro | "Hugo"

Hugo é un neno con TEA (trastorno do espectro autista), ao que lle gustan moito os avións. Hugo tamén toca o piano. Non ten moitos amigos, pero hai unha rapaza, chamada Laia, que o vai visitar todos os días. Ela é moi faladora e divertida e gústanlle moito as plantas, así que comparte con Hugo as súas vivencias.

Esta obra de teatro tan tenra fálanos da empatía, da necesidade de comunicarnos e da importancia de ser aceptados.

Hugo, de Os Náufragos Teatro foi nomeado Mellor Espectáculo para a Infancia nos Premios María Casares 2022