Sal de mesa nos océanos

Cando estamos sentados á beira do mar observamos unha inmensidade de auga que as veces se move, vemos ondas, a marea que sube e baixa... pero que pasa nas profundidades?... que pasa máis aló do que ven os nosos ollos? Pensaches algunha vez na sal que tes na casa, a que se usa para cociñar? A sal de mesa é normalmente mariña, de feito a auga do mar é salgada pero... é igual de salgada noutros lugares? E que pasa coa temperatura? É a mesma en Galicia que no Polo Norte?

Estas e outras cuestións terán resposta neste obradoiro no que, mediante sinxelos experimentos con augas de diferentes cores, explicaranse os procesos que afectan á formación das correntes mariñas desde escalas pequenas (que teñen lugar por exemplo nas rías galegas) ou a escalas planetarias (como por exemplo os percorridos dos icebergs dende os polos). Estas correntes son ademais, fundamentais para a vida de moitos organismos mariños, algúns deles moi coñecidos por todos nós. 

Non podedes faltar a este obradoiro! Entenderedes mellor como funcionan os océanos, poderedes repetir os experimentos na casa e sorprender aos teus amigos!

 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)