Rebufaplanetes

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Museo Centro Gaiás, en colaboración con Gas Natural Fenosa, trae a Santiago o espectáculo Rebufaplanetes de Pep Bou para descubrir a beleza que agocha unha gran pompa de xabón.

O recoñecido artista catalán Pep Bou, un clásico da nosa escena, inundará o Museo dunha linguaxe propia, espectacularidade visual e orixinalidade. As súas xa míticas pompas de xabón asombrarán por igual a grandes e pequenos, como leva facendo desde 1982 ante o público dos seis continentes, o que lle valeron varios premios internacionais como o de Festival de Teatro de Cannes ou Viena.

Rebufaplanetes convida a reflexionar sobre a nosa contorna desde o feitizo das grandes burbullas que nos hipnotizan e nos deixan sen alento. Pompas efémeras, cheas de cor, fráxiles e indomables coma o universo que nos rodea.

 
En familia
 
 
00:00
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)