Programa Cidade Imaxinaria 2026

Unha casa sobre rodas que percorre as rúas e invita a entrar, xogar e formar parte da aventura. Quince xogos construídos con bidóns, potas e pezas de ferro recuperadas, acompañados dun carrusel impulsado por pedais. Un personaxe atrapado nunha casa que cobra vida propia. E tamén clown, acrobacias, malabares, monicreques, música e maxia para poñer a imaxinación a proba. Cidade Imaxinaria volve ao Gaiás para facer do monte un lugar de ensoño habitado por seres fantásticos para gozar dun gran reencontro antes da volta das vacacións de verán. Este 5 de setembro de 17.00 a 20.00 h a cativada colle o mando da Cidade da Cultura para convertela nun lugar de seu. 

Mapa Cidade Imaxinaria 2026

ESPECTÁCULOS DE PISTA

GHOP!

GHOP! (Teatro O Cubo – Galicia) – Circo

Espectáculo recupera a estética dos antigos circos ambulantes, con tres protagonistas que combinan malabares, monicreques, acrobacias e maxia nunha proposta participativa, chea de humor e ganas de facer gozar ao público.

VER VÍDEO

Mahara

Mahara (Bucraá Circus - Cataluña) – Clown

Unha proposta de clown sobre a soidade e a perda da memoria, no que un personaxe atrapado nunha rutina absurda intenta capear o temporal nunha casa que cobra vida propia, acompañado polas súas pantasmas e un vello papagaio que nunca responde.

La crisis de la imaginación

La crisis de la imaginación (Rauxa - Cataluña) – Circo e danza

Espectáculo de circo contemporáneo, danza e monicreques no que dous personaxes se mergullan nun mundo onírico tras unha inesperada crise da imaxinación. A través do movemento, a peza explora os límites entre o posible e o imposible.

VER VÍDEO

 

ESPECTÁCULOS ITINERANTES

A Caravana

A caravana (Projeto Ez – Portugal) – Experiencia interactiva

Experiencia de rúa que converte unha casa sobre rodas nun espazo de xogo e exploración, convidando ao público a percorrer as súas estancias, sentarse, xogar e formar parte activa dunha aventura itinerante chea de detalles e estímulos sensoriais.

VER VÍDEO

Femfarria

FemFarria (Asturias) – Música

Proposta musical itinerante na que un grupo de mulleres artistas leva o ritmo e o humor ás rúas, mesturando música en directo, participación e moitas sorpresas. Toda una explosión de enerxía para facer bailar e gozar a todos os públicos.

VER VÍDEO

 

ZONAS DE XOGO E ACTIVIDADES

Espazo sensorial para bebés

Espazo sensorial para bebés (Risotadas – Galicia) – Instalación

Espazo para a exploración da cativada de 0 a 3 anos mediante estímulos visuais, sonoros e táctiles que fomentan a curiosidade dende os primeiros meses. Unha experiencia que promove o benestar emocional e fortalece o vínculo afectivo.

Escoliña de circo

Escoliña de circo (Pistacatro - Galicia) - Instalación

Un obradoiro para indagar os talentos e as habilidades circenses da cativada en familia. Este espazo educativo e lúdico promove o desenvolvemento integral a través do xogo, a creatividade e a aprendizaxe activa.

Xogos tradicionais

Xogos tradicionais (SororAs - Galicia) – Espazo de xogo

Un espazo de xogos tradicionais para fomentar a creación e a aprendizaxe en igualdade. Un espazo de diversión para a cativada ao longo de toda a xornada.

 

Danza del metal

Danza del metal (Espectaclespectacular (Cataluña) – Zona de xogo

Unha instalación de xogos creada a partir de obxectos reciclados. Quince xogos artesanais e un carrusel de pedais convidan a explorar, xogar e descubrir novas formas de divertirse con pezas tan sinxelas como bidóns, potas ou estruturas de ferro.

 
En familia
 
5 Set 2026
De 17:00h a 20:00h