Pequefilmes 2026

Pequefilmes fai 10 anos e volve ao Gaiás a celebrar o seu aniversario! O fin de semana do 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo poderedes gozar do mellor cinema miúdo na Cidade da Cultura. 

A programación desta cita imprescindible para grandes e pequenos afeccionados á sétima arte organízase en tres salas diferenciadas por idades recomendadas —Vagalumes, Miñocas e Fanecas— e obradoiros nos que a cativada poderá dar os seus primeiros pasos como cineastas.

Ademais, Pequefilmes permite ao público galego gozar, de balde, dunha escolma de películas proxectadas nas últimas edicións do prestixioso festival Clermont-Ferrand e dunha selección dos filmes premiados ao longo das dez edicións do certame galego.

As entradas están xa dispoñibles de maneira anticipada no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás e en Ataquilla a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión. Os horarios de proxeccións e obradoiros poden consultarse directamente pinchando na imaxe de cada sala.

  • 3 salas: Vagalumes (0 a 3 anos); Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos).
  • Máis de 80 curtas internacionais procedentes de máis de 20 países.
  • 8 sesións a concurso (Miñocas e Fanecas) onde poderás votar polas túas curtas favoritas.

**Ilustración: Sr Reny

   
   

PROGRAMACIÓN PEQUEFILMES 2025

Pequefilmes Vagalumes. 0 a 3 anos. Sala de proxeccións do Museo Centro Gaiás (Andar 0). Consulta AQUÍ a programación e merca a túa entrada.
Pequefilmes Miñocas. +4 anos. Andar -1 Museo Centro Gaiás. Consulta AQUÍ a programación e merca a túa entrada.
Pequefilmes Fanecas. +7 anos. Sala de seminarios do Museo Centro Gaiás (Andar 0). Consulta AQUÍ a programación e merca a túa entrada.
Programa especial Clermont-Ferrand. Proxeccións na sala Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos). De balde previa retirada de convite. Consulta AQUÍ a programación e colle entrada.
  Programa especial 10 anos. Proxeccións na sala Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos). De balde previa retirada de convite. Consulta AQUÍ a programación e colle entrada.

 

OBRADOIROS

Obradoiros de cinema. A partir de 5 anos. Andar -1 Museo Centro Gaiás. Consulta AQUÍ as quendas e merca a túa entrada.
 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas