Pequeclassics - 2012

Pequeclassics é un proxecto que trata de achegar ós nenos a paixón pola música clásica e pola ópera a través do xogo e a diversión. O obxectivo principal é que a música chegue a cada espectador sen necesidade de coñecementos previos.

Os nenos e nenas son o público máis esixente, pero tamén o máis entusiasta posible. É idea estendida entre a xente que a música clásica “estimula o desenvolvemento dos nenos”. Educar o sentido da melodía, do ritmo e ata o sentimento é posible mediante a aproximación de nenos e nenas á música.

A música clásica ten gran importancia para a formación dos pequenos; por iso, Pequeclassics propón montaxes de alta calidade, que sexan capaces de inculcar aos máis pequenos o gusto por este tipo de música, sen ser por iso menos rigorosos.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)