A Cidade da Cultura ten preparadas varias propostas para celebrar o Día do Medio Ambiente a fin de semana do 3 e 4 de xuño. Entre estas actividades podes gozar dun paseo polas zonas verdes do Gaiás descubrindo cos nosos guías a súa diversidade.
O complexo conta con varias zonas verdes cheas de distintas especies, o Xardín Literario, o Xardín do Teatro, o Bosque de Galicia... Desta vez poderás coñecer ben toda esta riqueza natural cunha visita guiada moi especial.

8 Set 2022 - 20 Xuñ 2023
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h