Obradoiros de creación cinematográfica. Pequefilmes 2020

Nos obradoiros de Pequefilmes poderedes aprender en familia técnicas e conceptos fundamentais no proceso de creación cinematográfica e na animación. Uns coñecementos que poderedes seguir desenvolvendo posteriormente nos vosos fogares para divertirvos creando xuntos pequenas películas.

OBRADOIRO DE TOY PLAY

Sabes que é iso do Toy Play? Se queres coñecer a resposta, non  perdas este divertido obradoiro, onde poderás aprender a gravar unha pequena peza audiovisual usando os xoguetes como protagonistas. Aprenderás a usar unha cámara, elaborar un guión e unha manchea de cousas máis. Ven divertirte con nós!

  • GRUPO 1: De 4 a 8 anos: Sáb 18 e Dom 19: 11:00, 13:30, 17:45 h. Merca aquí as entradas!
  • GRUPO 2. De 9 a 12 anos: Sáb 18 e Dom 19: 12:15, 16:30, 19:00 h. Merca aquí as entradas!
  • PRAZAS: 12 nen@s por sesión (acompañad@s dunha persoa adulta).

OBRADOIRO DE HOLOGRAMAS

Este é un taller práctico e sinxelo, no que participan nais/pais e fillos/fillas. Con materiais comúns móstrase como se constrúe un visor doméstico para poder ver hologramas e vivir un momento practicamente máxico, no que as imaxes parecen xurdir no aire e cobrar vida ante os nosos propios ollos. Todos os materiais están incluídos no taller, pero é necesario que cada participante conte cun teléfono móbil con acceso a Internet.

  • GRUPO 1: De 4 a 8 anos: Sáb 18 e Dom 19: 12:15, 16:30, 19:00 h. Merca aquí as entradas!
  • GRUPO 2. De 9 a 12 anos: Sáb 18 e Dom 19: 11:00, 13:30, 17:45 h. Merca aquí as entradas!
  • PRAZAS: 6 nen@s por sesión (acompañad@s dunha persoa adulta).
 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás