Obradoiro Día das Artes | Liñas, formas e volumes

Obradoiro participativo dirixido a nenas e nenos para coñecer a Alejandro de la Sota a través dun xeito plástico-creativo moi divertido.

A cativada experimentará con formas, materiais e volumes do repertorio plástico e visual do arquitecto. Seguro que os resultados serán abraiantes!

Para lograr este achegamento didáctico-lúdico, o obradoiro tentará conectar os nenos e nenas coa súa contorna e entender ben a construción dos edificios; identificando os tipos de estruturas, segundo a súa forma.

Deste xeito, a cativada será quen, ao saír do taller, de  recoñecer a Alejandro de la Sota cando se atopen con algún dos seus característicos proxectos.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás