O Arquivo do Chibo | Día da Narración Oral

“Hai quen conta ovellas para durmir...eu conto chibos”... A Biblioteca de Galicia celebra o Día da Narración Oral co espectáculo O Arquivo do Chibo. Trátase dunha fabulación libre ao redor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo.

Así, o espectáculo da compañía "Os contos de Pablísimo", afondará nos Arquivos do Chibo atopando cantigas de lobos esfameados, fábulas de carneiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos serven de viñetas para contar a xeito de banda deseñada este clásico actualizado, empregando monicreques, xoguetes, sombra e moita moita cachifallada.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás