Nexos Infantil: O trazo desatado. Banda deseñada e animación en Galicia

Chegou un deses días que as crianzas de Nexos Infantil viñan demandando desde hai tempo: a banda deseñada!

Para comezar, faremos un breve percorrido pola historia recente, e descubriremos o universo creativo galego arredor deste xénero artístico, para que as nosas crianzas coñezan o que teñen máis preto.

O punto álxido desta sesión será a elaboración da nosa propia banda deseñada. Para isto seguiremos todos os pasos: idear unha historia, definir os personaxes, deseñalos, organizar un guión, encadrar as viñetas e plasmar a nosa aventura.

Para rematar, realizaremos o noso propio combate de debuxantes, en paralelo ao da sesión adulta de Nexos.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)