Nexos infantil: Do realismo no cine ao xénero documental

Nexos infantil arranca cunha sesión de cine que constará de dúas partes. Na primeira, e para entender a diferenza entre ficción e realidade comezaremos  con varios xogos que proceden de dinámicas teatrais. Nunhas ocasións teremos o rol de nós mesmas-os, mentres que noutras encarnaremos personaxes, e descubriremos que non resultarán os mesmos comportamentos. Veremos fragmentos ilustrativos de documentais e ficcións para recoñecer as características, semellanzas e diferenzas entre ambos xéneros.

Na segunda parte planificaremos e realizaremos a gravación un mini documental sobre as crianzas que asisten ás sesións da cidade da cultura, nas que elas poderán entrevistarse, gravarse e preguntarse cousas. Despois da sesión este documental será editado e enviado por email a quen o soliciten. 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)