Tras coquetear con sons escuros e contundentes, a banda viguesa Mvnich chega ao Gaiás para ofrecer en directo os temas do seu primeiro disco Ina, unha combinación de sons levados al límite baixo un patrón de emotividade e funcionalismo abismais.
O traballo formado por 10 cortes, percorre un amplo abano de influencias e sons que van dende a intensidade de My Bloody Valentine ou a sensibilidade de The Cure pasando pola frescura de Sonic Youth ou o descaro de Stone Roses.
+ info: www.munichsound.es
26 — 29 Mai 2026
Portas abertas: 29 Mai | 17 h


