Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia 2021 | Obradoiros e actividades para aprender en familia

A Biblioteca de Galicia celebra o mes dedicado á ciencia, novembro, con varios obradoiros e actividades destinadas a distintas idades e públicos, converténdose nun gran laboratorio para grandes e maiores que poderán desfrutar cada sábado con divertidas experiencias, á vez que aprenden e afondan no coñecemento científico dunha maneira moi amena. O 'Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia' trátase dun ciclo que xa tivo moito éxito en edicións anteriores e que agora se volve repetir coa seguinte programación:

Obradoiro de ilustración científica: A flora do Gaiás | 6 Nov | Inscríbete

Este obradoiro está enfocado en descubrir cal é o método de traballo do ilustrador científico e como o caderno de campo é unha das ferramentas básicas para recoller información sobre as especies que queremos ilustrar, neste caso a flora do Gaiás. 

  • De balde, previa inscrición
  • Público: a partir de 16 anos 
  • Prazas: 20 
  • Horario: 16:30 a 20:30 h 
  • Duración: 4 horas

 

Obradoiro de foguetes | 13 Nov | Inscríbete

O obxectivo deste obradoiro é espertar a curiosidade e o interese polo deseño de foguetes. Unha vez que se teñan feitos, serán lanzados nunha competición por equipos.

  • De balde, previa inscrición
  • Público: a partir de 1º da ESO 
  • Prazas: 24
  • Horario: 17:00 a 18:30 h
  • Duración: 90 minutos

 

Sons do bosque | 20 Nov | Inscríbete

Trátase dunha actividade deseñada para todos os públicos que ten por obxectivo presentar de xeito teatralizado as árbores máis emblemáticas dos nosos bosques: carballos, castiñeiros, bidueiros, salgueiros, loureiros… mediante cantigas tradicionais: historias, lendas, anécdotas ou contos. A escenificación inclúe a proxección de imaxes e materiais da natureza, que serán comentadas polas investigadoras e acompañadas de cantigas nas que participarán os músicos.  

  • De balde, previa inscrición
  • Público: todos os públicos 
  • Prazas: 120
  • Horario: 17:00 a 18:00 h 
  • Duración: 60 minutos

 

Un animal con moitos millóns de anos | 27 Nov | Inscríbete

O Nautilus é a única especie de ammonites que perdura ata os nosos días, pois o resto extinguíronse cos dinosaurios. Neste obradoiro preténdese descubrir o por que da súa permanencia e o por que da súa forma, que é en espiral áurea e á súa vez está ligada ao número de ouro.

  • De balde, previa inscrición
  • Público: de 8 a 12 anos
  • Prazas: 24
  • Horario: 17:00 a 18:30 h
  • Duración: 90 minutos