Matinais Musicais especial Martín Códax | Borja Mariño e Carolina Moncada

A Cidade da Cultura súmase á homenaxe que Galicia rende este ano a Martín Códax, despois de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidira dedicarlle o Día Das Artes deste 2023 ao trobador, e faino cun concerto especial dentro do ciclo Matinais Musicais.

Dende unha visión contemporánea, o compositor galego Borja Mariño creou unha obra que pon música ao poema de Martín Códax do que non se conserva notación musical, “En o sagrad’ e Vigo”. Esta composición enmárcase nun recital, Cancións Galegas, para piano e soprano, coa interpretación de Carolina Moncada.

Ao musicar esta cantiga da que non se conserva música orixinal, Borja Mariño non pretende imitar o seu estilo medieval. Máis ben quere demostrar como a herdanza da troba, unión de poesía e música, chegou ao presente século asumindo a herdanza melódica e harmónica pero conservando o seu espírito.

O programa do recital complétase  coa composición de Mariño sobre un dos poemas de Mendinho e outros ciclos de variada inspiración: evocacións femininas  de obras asinadas por poetisas, Alberti…

Sobre Borja Mariño (pianista e compositor):

Compositor galego. Da súa experiencia como mestre repetidor, que lle levou polos principais teatros de ópera, deriva a súa vocación pola canción de concerto, sendo un dos preferidos polos intérpretes actuais do ámbito nacional e internacional, entre os que se contan Mariola Cantarero, Beatriz Díaz, Francisco Corujo, Marga Cloquell, Carolina Moncada, Rubén Amoretti, Santiago Sirur, Gustavo Ahualli, Everaldo Barbosa, Nadine Benjamin, Theresa Karcher, Elonora Deveze, en países como USA, Inglaterra, Francia, Italia, Arxentina, Brasil, etc. Escribiu música de cámara, así como para audiovisuais e pezas teatrais

Sobre Carolina Moncada (soprano):

Comeza os seus estudos musicais na súa terra natal, Pamplona e licénciase na Escola Superior de Canto de Madrid. Debuta en 2009 recuperando a zarzuela A galiña Cega de F. Caballero coa que canta en multitude de teatros españois e estranxeiros. O seu interese polo xénero lírico nacional e a canción española lévalle a participar na recuperación de varios títulos de importantes zarzuelas descoñecidas e realiza diversas homenaxes a autores españois por encargo da SGAE ou a Biblioteca Nacional de Madrid.