Laura Romero & Iria Ribadomar interpretan a Lolita Díaz Baliño

Este venres 14 de maio celebrararase unha nova sesión dedicada á ilustración dentro do programa de actividades polo décimo aniversario da Biblioteca de Galicia. Nesta ocasión o protagonismo terao a ilustración feita por mulleres, xa que a sesión desenvolverase en torno á obra de Lolita Díaz Baliño, Laura Romero e Iria Ribadomar.

Neste ano 2021 o Día da Ilustración, data impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), dedicóuselle por vez primeira a unha muller, Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1925-1963), relevante e esquecida pintora e ilustradora. Entre as actividades que se puxeron en marcha en torno a esta efeméride a AGPI puxo en marcha a iniciativa “Catro visións sobre Lolita Díaz Baliño”, na que as ilustradoras Lidia Cao, Nuria Figueiredo, Iria Ribadomar e Laura Romero ofreceron a súa visión persoal de Lolita Díaz Baliño, mediante ilustracións realizadas especialmente para a ocasión.

Tomando como referencia esa interpretación de Lolita, estarán no salón de actos da BdG Laura  Romero e Iria Riabadomar, tanto para explicarnos máis polo miúdo como se aproximaron á figura de Lolita Díaz Baliño como para achegarnos en xeral á súa creatividade.

Laura e Iria estarán acompañadas polo persoal da Biblioteca de Galicia que comisariou a exposición Lolita Díaz Baliño: a discreción imposta dunha grande artista. Entre todos eles, co complemento das visións que tamén realizaron Lidia Cao e Nuria Figueirido e coa colaboración dos Centros Galegos das Universidades de Lisboa, Granada, Río de Janeiro e Salvador de Bahía, a sesión tratará de poñer de novo en valor a figura dunha artista multidisciplinar adiantada ao seu tempo.

IRIA RIBADOMAR

Debuxante e pintora cambadesa, reside en Santiago de Compostela, onde estudou artes plásticas e deseño e participou, pintando e expoñendo durante anos, no espazo dedicado á arte de rúa na zona vella. En 2013 fundou Deica! Creacións, un proxecto de ilustración e complementos arredor da cultura galega.







 

 

LAURA ROMERO

Ilustradora, urban sketcher e música. É a creadora do proxecto de visibilización «Músicas galegas ilustradas», que comezou pouco despois de entrar como baixista na banda de rock Zënzar. Tamén é coordinadora e ilustradora do libro Ferreñas & rock and roll (Baía Edicións). Participa no espectáculo familiar Cores, contos e rock’n’roll debuxando en directo xunto ao músico Pakolas, e é a ilustradora dos seus libros-CD (Editorial Galaxia).

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas