I FIEC: Foro Internacional de Espazos para a Cultura - 2011

"Infraestruturas e Espazos Culturais: Sustentabilidade e Retos de Futuro"

Na actualidade, as infraestruturas culturais non só fan fronte ás súas responsabilidades dalgún modo rutineiras e ás consecuencias dunha crise económica profunda, senón tamén a retos que seguirían vixentes mesmo se a devandita crise non acontecese ou non chegase a alcanzar esta intensidade. Trátase de retos envoltos ou ligados a unha gran síndrome de ambivalencia, imprecisión e caos que se veñen abatendo sobre o coñecemento e que en tempos recentes está a avivar o vello debate sobre a función social que desempeña a cultura e, xa que logo, sobre a pertinencia da intervención pública no financiamento de actividades culturais, cun novo argumento: a cultura non só merece o apoio público polos seus propios méritos como factor de estímulo da creatividade, medio de expresión artística ou desenvolvemento de identidade colectiva, senón que pode utilizarse como variable instrumental para conseguir obxectivos ligados a políticas de desenvolvemento económico ou de revitalización urbanística.

Cada vez con maior frecuencia, as infraestruturas culturais forman parte de estratexias máis amplas de desenvolvemento económico nas que se considera que a cultura é un factor de influencia na localización de proxectos empresariais e de estímulo de actividades relacionadas co turismo cultural ou de negocios, ou co sector terciario en xeral.

É por isto que estas outorgan á cultura un papel importante como instrumento de proxección dunha determinada imaxe no exterior.

Nos proxectos baseados neste concepto presuponse que existe unha relación directa entre o potencial de actividade cultural dunha determinada rexión e o seu grao de desenvolvemento económico, non só porque a cultura en si mesma é unha actividade económica que xera emprego e ingresos fiscais e que compra bens e servizos, senón porque é un factor imprescindible para crear as condicións necesarias para que se produza un desenvolvemento económico equilibrado e sostible.

O I Foro Internacional de Espazos para a Cultura, que leva por título "Infraestruturas e Espazos Culturais: Sustentabilidade e Retos de Futuro", congrega unha serie de profesionais e representantes de institucións nacionais e internacionais que poderán dar boa mostra da consideración da cultura como variable de desenvolvemento e da súa utilidade como variable instrumental para conseguir obxectivos que transcenden os simplemente culturais.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas