A gorida dos sentidos | Gaiás en xogo 2026

Instalación sensorial para bebés (0 a 2 anos)

Almofadas que falan, que roncan, que rin e cantan. Un lugar onde agocharse e, desde o acubillo, observar o mundo. Casiñas, niños de aves xigantes, camiños poboados de cores, músicas e ruídos estraños.

Esta instalación para primeira infancia preséntase como unha proposta para descubrir, imaxinar e soñar. Créase un poboado formado por niños construídos como o fan os paxaros: con materiais de diferentes texturas e cheiros, cheos de sorpresas que nos irán amosando os dous seres que habitan alí.

Concíbese como un espazo para ser compartido en familia, favorecendo a relaxación e o desfrute colectivo nun ambiente de acollemento e confort, inspirado na idea do niño como refuxio.

Foi galardoada co Premio FETEN 2024 á mellor instalación.

Información de acceso

  • Acceso de balde con inscrición. Reserva a túa quenda!
  • Pases cada 30 minutos. Capacidade máxima da instalación en cada pase: 30 persoas.
  • Para bebés de 0 a 2 anos, acompañados por unha persoa adulta. Irmáns e irmás maiores son benvidas.
  • Todas as persoas que accedan deberán reservar praza. Prégase unha soa persoa adulta acompañante, para non ocupar prazas destinadas á cativada.
  • De haber anulacións, as prazas dispoñibles publicaranse automaticamente na columna de reservas.
  • Para entrar, todas as persoas deberán descalzarse. Recoméndase traer calcetíns extra.
  • Prégase seguir en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.

Ficha artística

  • Dirección e creación: Eulàlia Ribera e Sergi Ots
  • Deseño e construción: Txell Janot, Isabel Palazón, Miquel Ruiz e Jaume Nieto
  • Interpretación: Claudia Lizeth e Gloria Román / David Gastelú e Jaume Nieto
  • Dirección escénica: Eulàlia Ribera
  • Iluminación escénica: Artur Gavaldà
  • Imaxe e vídeo: Artur Gavaldà e Platea Films
  • Xestión e produción de xira: Jaume Nieto / Imagin.art
  • Unha coprodución de laSala | elPetit e Imaginart

Sobre a compañía

elPetit é un Festival de Artes Escénicas para primeiras infancias (0-5 anos) que colabora con artistas e compañías locais e internacionais presentando espectáculos en 13 cidades.

Imaginart é unha produtora especializada en artes escénicas para a primeira infancia, enfocándose na hibridación das artes con vocación de ser cada vez máis accesible para todos os públicos.

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas