Gaiás secreto 2022

VISITAS COMENTADAS PARA ACHEGARSE Á ARQUITECTURA DO GAIÁS | INCLÚE ACCESO A ESPAZOS RESTRINXIDOS 

Se estás a argallar un plan en Compostela, hai un que che vai resultar irresistible: a descuberta dun xeito diferente da arquitectura e funcionamento da Cidade da Cultura de Galicia. Ademais de abraiarte cunha panorámica arquitectónica do recinto, poderás coñecer a fondo, da man do noso equipo de guías, todos os segredos que agocha, incluíndo espazos habitualmente restrinxidos ao público.

A impresionante galería subterránea que conecta os edificios, as claves xeométricas que explican o conxunto arquitectónico, a sala de caldeiras ou as baixocubertas da Biblioteca de Galicia serán algúns dos puntos destacados deste percorrido que vos levará desde as Torres Hejduk ao Fontán (o primeiro e o último dos edificios erixidos no monte Gaiás).

Achégate á complexidade desta infraestrutura, un dos exemplos máis sorprendentes e singulares da arquitectura contemporánea, nun completo percorrido. Preme AQUÍ para mercar a túa entrada.

IMPORTANTE: Normas para o acceso á visita 

  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
  • O percorrido ten unha duración estimada de 90 minutos e conta con escaleiras, non sendo apto para persoas con dificultades de mobilidade, cadeiras de rodas ou carriños de bebé.
  • Actividade non recomendada a menores de 8 anos. As persoas menores de idade deberán estar sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable.
 
Visitar
 
 
8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
11 Nov 2022 - 9 Abr 2023
Inverno 2023
Sábados, domingos e festivos | 11.30 e 13.00 h