Soñaches algunha vez con cancións de Eurovisión comprometidas co cambio climático ou que conteñan historias sobre bioloxía, investigación por satélite ou sobre o estado das rías galegas? Se es afeccionado aos festivais musicais non te podes perder o Festival da Canción Científica CSICvisión. O actor e cómico Rony Flamingo é o protagonista desta gala única e incomparable na que o público asistente decidirá cal é a mellor canción científica nun espectáculo con contidos rigorosos, adaptados e entretidos, que non vai deixar indiferentes ás persoas asistentes.
Como non pode ser doutra maneira, haberá grupos de fans, un trofeo para o intérprete gañador e grandes doses de humor coa ciencia como fío condutor.
![]() |
REPERTORIO DO FESTIVAL:
|
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)



