Neste obradoiro a rapazada aprenderá xogando sobre arqueobotánica, a ciencia que estuda as plantas que utilizaban as persoas fai moitísimos anos. Convertiranse en pequenos investigadores e investigadoras do Laboratorio de Arqueobotánica do INCIPIT (CSIC). Mirando cunha lupa os carbóns das escavacións arqueolóxicas e xogando con imaxes ampliadas de diferentes tipos de madeira, tentarán adiviñar de cal se trata. Descubrirán como é por dentro unha árbore, que historias gardan os seus aneis, para que se empregaba a madeira antigamente e moito máis.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

