Día do usuario/a da Biblioteca de Galicia

Comeza un novo ano e por tanto iníciase o novo Calendario do Libro e a Lectura 2018 coa primeira efeméride do ano, o 11 de xaneiro, Día do Usuario/a.

O usuario/a é a razón de existir dunha biblioteca pública. Os seus fins principais, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia, carecerían de sentido sen o demandante de información. Este é o motivo polo que as bibliotecas públicas esfórzanse por conseguir un grao de calidade que satisfaga as demandas máis esixentes dos seus usuarios/as.

A atención, mellora dos servizos, coidado da actitude, crear empatía, xerar un bo ambiente... son factores fundamentais para crear nas bibliotecas unha imaxe dinámica e de mellora continua, obxectivos prioritarios para a satisfacción do usuario/a.

A BdG fará unha visita guiada polas súas instalacións ás 12 horas e agasallará aos seus visitantes cun libro.