E se puideses inventar unha historia e convertela nun libro feito coas túas propias mans? Para celebrar o Día das Bibliotecas, Pedras de Papel propón un obradoiro no que ler, pensar, crear e xogar van da man.
A través da descuberta de encadernacións orixinais e do xogo co azar e a sorpresa, cada participante creará o seu propio minilibro, dando vida a unha historia con técnicas como a colaxe, a estampaxe e o debuxo. Unha oportunidade para experimentar, deixar voar a imaxinación e e que a cativada se convirta en escritora, ilustradora e editora da súa propia publicación.

