COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares

COORDENADAS é unha actividade literaria para Santiago de Compostela no ronsel dos Diálogos Literarios clásicos da Fundación Carlos Casares, que se desenvolveron desde 2004 a 2012 entre Mariñán (Bergondo) e Santiago de Compostela.

A súa adaptación ás novas circunstancias ten en conta tres eixes fundamentais:

➖ A evolución dos públicos

➖ As tendencias do mercado editorial

➖ O agromar de novas linguaxes.

O seu campo de actuación é basicamente a literatura galega –en concreto a novela, o conto e mais o ensaio–, aínda que con extensións ás literaturas peninsulares e incluso ás literaturas europeas e americanas. Procúrase, xa que logo, tender pontes entre a literatura galega e a literatura mundial.

O evento poderá seguirse por streaming en directo, para quen non teña a posibilidade de asistir fisicamente.

Ademais, unha vez remate o evento, os vídeos subiranse á canle de Youtube da Fundación Carlos Casares, e posteriormente se lle engadirán subtítulos.

 

PARTICIPANTES

Teresa Moure. Profesora  titular de Lingüística Xeral na USC, onde vén traballando temas de ecolinguística, universais das linguas e estudos de xénero. Gañou, entre outros, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en 2004 por Outro idioma é posible, o Premio Xerais de novela ou o Premio da Crítica de narrativa galega por Herba Moura, e o Premio Rafael Dieste de teatro en 2007 por Unha primavera para Aldara.



Manuel Bragado. Licenciado en Ciencias da Educación pola USC. Foi presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88). Traballou en Edicións Xerais de Galicia dende o ano 1990, e foi o seu director xeral entre 1994 e abril de 2018. Ten colaborado en distintos medios como La Región ou Atlántico Diario e a partir de 2010 escribiu un artigo semanal para Faro de Vigo. 



Gustavo Adolfo Garrido. Licenciado en Farmacia, entre 1989 e 2002 foi membro do consello de redación de Grial, e desde 2008 director xerente, secretario e Padroado da Fundación Carlos Casares. Ten publicado Aventureiros e curiosos. Relatos de viaxeiros estranxeiros por Galicia, ss. XV-XX. (Galaxia, 1994), así como diversos traballos e artigos especializados. Tamén ten comisariado numerosas exposicións.



Marcos Giralt Torrente. Licenciado en Filosofía na UAM. Foi escritor residente en varios países europeos, e entre 1995 e 2010 colabora como crítico literario no suplemento Babelia de El País. Entre outros, en 1999 gañou o Premio Herralde de novela coa súa novela París; e en 2011 o Premio Nacional de Narrativa coa súa novela Tiempo de vida. As súas obras forn traducidas, entre outras, ao inglés, alemán, francés, italiano e portugués.




Bieito Iglesias. 
Licenciado en Historia, vén colaborando en xornais e revistas como A Nosa Terra, La Voz de GaliciaGrial ou Tempos Novos. Traduciu a Conan Doyle ao galego. Autor de  novelas, libros de contos ou ensaios. Entre outros, gañou Premio Merlín en 1999 por A noite das cabras ao aire, o García Barros de Novela en 2001 por A historia escríbese de noite, ou o Roberto Blanco Torres de Xornalismo en 2004 por Barcos a pique



Paulino VázquezLicenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, exerce a docencia en ensino medio. Ten colaborado con artigos literarios en xornais como El Correo Gallego ou as revistas Dorna e Grial. Entre os galardóns acadados está o Premio Celso Emilio Ferreiro en 1982 por Perdendo o tempo que fuxe como Xoán Sebastián Bach e o Miguel González Garcés en 1994 por Un áspero tempo de caliza



Malores Villanueva. Licenciada en Filoloxía Galega e en Filoloxía Románica na USC, foi directora de edición e comunicación da Editorial Galaxia. Participou como xurado en diversos premios (Premio da Crítica, o Blanco Amor, o Nélida Piñon...). Colaborou en diversas revistas con críticas literarias e artigos lingüísticos (GrialA Trabe de OuroTempos Novos...). A súa última obra é Antón Fraguas. Mestre da memoria (2019).



José Viale MoutinhoLicenciado en Historia, é narrador, poeta, dramaturgo, ensaíasta... A súa obra foi traducida a máis de sete idiomas e colaborou en diversas revistas e xornais. Entre outros galardóns, obtivo o Premio Orlando Gonçalves en 2002 por Cenas da Vida de um Minotauro; o Premio de Conto Edmundo Bettencourt en 2005 por Ocasos de iluminação variável; ou o Premio Don Diniz 2021 por Os cimentos da Noite.



Vicente Araguas. Licenciado en Filoloxía Inglesa, doutor pola Universidade da Coruña. Ademais de músico, profesor e crítico literario, escribiu poesía: Ayer y todavía (Pigmalion, 2019); O amor non se fala soamente – Ronsel do 68, Medulia, 2020); narrativa: Los pavos trufados (Lastura, 2018); Través do trevón (Belagua, 2020); e ensaio: El mundo poético de Bob Dylan, (Pigmalion, 2017). Premio Gustavo Adolfo Bécquer 2020 polo conxunto da súa obra.



María Isabel MoránProfesora Titular de Literatura Portuguesa na USC. Entre as súas publicaciónsdestacan O Meu Portugal, de Guilherme de Almeida (São Paulo, 2016), e diversos artigos em revistas científicas. Elaborou o estudo liminar da edición facsimilar de Céltica. Caderno de Estudos Galaico Portugueses. Participa en varios proxectos de investigación estatais e internacionais e, na actualidade, coordina o grupo GRAALL.