COORDENADAS. Diálogos Literarios de la Fundación Carlos Casares

COORDENADAS é unha actividade literaria para Santiago de Compostela no ronsel dos Diálogos Literarios clásicos da Fundación Carlos Casares, que se desenvolveron desde 2004 a 2012 entre Mariñán (Bergondo) e Santiago de Compostela.

A súa adaptación ás novas circunstancias ten en conta tres eixes fundamentais: a evolución dos públicos, as tendencias do mercado editorial e o agromar de novas linguaxes. O seu campo de actuación é basicamente a literatura galega –en concreto a novela, o conto e mais o ensaio–, aínda que con extensións ás literaturas peninsulares e incluso ás literaturas europeas e americanas. Procúrase, xa que logo, tender pontes entre a literatura galega e a literatura mundial.

O evento poderá seguirse por streaming en directo, para quen non teña a posibilidade de asistir fisicamente. Ademais, unha vez remate o evento, os vídeos subiranse á canle de Youtube da Fundación Carlos Casares, e posteriormente se lle engadirán subtítulos.

COORDENADAS é posible en especial grazas ao Concello de Santiago de Compostela, co seu apoio ao proxecto dende o primeiro momento. Tamén da Xunta de Galicia e, por suposto, de Gaiás - Cidade da Cultura, que coa súa xenerosidade permitiu que o evento teña lugar nun marco tan acaído para a ocasión.


PARTICIPANTES

Teresa Moure. Profesora  titular de Lingüística Xeral na USC, onde vén traballando temas de ecolinguística, universais das linguas e estudos de xénero. Gañou, entre outros, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en 2004 por Outro idioma é posible, o Premio Xerais de novela ou o Premio da Crítica de narrativa galega por Herba Moura, e o Premio Rafael Dieste de teatro en 2007 por Unha primavera para Aldara.



Manuel Bragado. Licenciado en Ciencias da Educación pola USC. Foi presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88). Traballou en Edicións Xerais de Galicia dende o ano 1990, e foi o seu director xeral entre 1994 e abril de 2018. Ten colaborado en distintos medios como La Región ou Atlántico Diario e a partir de 2010 escribiu un artigo semanal para Faro de Vigo. 



Gustavo Adolfo Garrido. Licenciado en Farmacia, entre 1989 e 2002 foi membro do consello de redación de Grial, e desde 2008 director xerente, secretario e Padroado da Fundación Carlos Casares. Ten publicado Aventureiros e curiosos. Relatos de viaxeiros estranxeiros por Galicia, ss. XV-XX. (Galaxia, 1994), así como diversos traballos e artigos especializados. Tamén ten comisariado numerosas exposicións.



Marcos Giralt Torrente. Licenciado en Filosofía na UAM. Foi escritor residente en varios países europeos, e entre 1995 e 2010 colabora como crítico literario no suplemento Babelia de El País. Entre outros, en 1999 gañou o Premio Herralde de novela coa súa novela París; e en 2011 o Premio Nacional de Narrativa coa súa novela Tiempo de vida. As súas obras forn traducidas, entre outras, ao inglés, alemán, francés, italiano e portugués.




Bieito Iglesias. 
Licenciado en Historia, vén colaborando en xornais e revistas como A Nosa Terra, La Voz de GaliciaGrial ou Tempos Novos. Traduciu a Conan Doyle ao galego. Autor de  novelas, libros de contos ou ensaios. Entre outros, gañou Premio Merlín en 1999 por A noite das cabras ao aire, o García Barros de Novela en 2001 por A historia escríbese de noite, ou o Roberto Blanco Torres de Xornalismo en 2004 por Barcos a pique



Paulino Vázquez. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, exerce a docencia en ensino medio. Ten colaborado con artigos literarios en xornais como El Correo Gallego ou as revistas Dorna e Grial. Entre os galardóns acadados está o Premio Celso Emilio Ferreiro en 1982 por Perdendo o tempo que fuxe como Xoán Sebastián Bach e o Miguel González Garcés en 1994 por Un áspero tempo de caliza



Malores Villanueva. Licenciada en Filoloxía Galega e en Filoloxía Románica na USC, foi directora de edición e comunicación da Editorial Galaxia. Participou como xurado en diversos premios (Premio da Crítica, o Blanco Amor, o Nélida Piñon...). Colaborou en diversas revistas con críticas literarias e artigos lingüísticos (GrialA Trabe de OuroTempos Novos...). A súa última obra é Antón Fraguas. Mestre da memoria (2019).



José Viale Moutinho. Licenciado en Historia, é narrador, poeta, dramaturgo, ensaíasta... A súa obra foi traducida a máis de sete idiomas e colaborou en diversas revistas e xornais. Entre outros galardóns, obtivo o Premio Orlando Gonçalves en 2002 por Cenas da Vida de um Minotauro; o Premio de Conto Edmundo Bettencourt en 2005 por Ocasos de iluminação variável; ou o Premio Don Diniz 2021 por Os cimentos da Noite.



Vicente Araguas. Licenciado en Filoloxía Inglesa, doutor pola Universidade da Coruña. Ademais de músico, profesor e crítico literario, escribiu poesía: Ayer y todavía (Pigmalion, 2019); O amor non se fala soamente – Ronsel do 68, Medulia, 2020); narrativa: Los pavos trufados (Lastura, 2018); Través do trevón (Belagua, 2020); e ensaio: El mundo poético de Bob Dylan, (Pigmalion, 2017). Premio Gustavo Adolfo Bécquer 2020 polo conxunto da súa obra.



María Isabel Morán. Profesora Titular de Literatura Portuguesa na USC. Entre as súas publicaciónsdestacan O Meu Portugal, de Guilherme de Almeida (São Paulo, 2016), e diversos artigos em revistas científicas. Elaborou o estudo liminar da edición facsimilar de Céltica. Caderno de Estudos Galaico Portugueses. Participa en varios proxectos de investigación estatais e internacionais e, na actualidade, coordina o grupo GRAALL.