Conferencia maxistral de Marie Vandenbeusch, comisaria de 'Faraón. Rei de Exipto'

Marie Vandenbeusch, comisaria de Faraón. Rei de Exipto e comisaria de proxectos no departamento de Antigo Exipto e Sudán do British Museum, impartirá unha conferencia plenaria -a través de videoconexión en directo desde Londres- na que aportará a súa visión como especialista máxima das pezas exhibidas neste mostra, para comprender mellor a forma de vida e o contexto dos gobernantes do Val do Nilo.

Con ela exploraremos o simbolismo e o ideario da monarquía exipcia, á vez que tentaremos desvelar as historias que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que deixou como herdanza esta antiga civilización. A través das estatuas e os monumentos, os faraóns construían con esmero as súas identidades, e proxectaban unha imaxe idealizada de si mesmos, ben como guerreiros poderosos, protectores de Exipto contra os seus inimigos, ben como adoradores ferventes dos deuses, intermediarios entre eles e o resto da humanidade. Tras estas representacións da realeza, con todo, a realidade era moito máis complexa, como poderemos comprobar da man da comisaria da exposición, e os gobernantes de Exipto nin foron sempre homes, nin sempre exipcios nin, desde logo, sempre guerreiros mozos e poderosos. 

Tanto se xa visitaches Faraón. Rei de Exipto como se aínda non puideches facelo, esta conferencia darache numerosas claves para comprender mellor o relato expositivo no que podes mergullarte no Museo Centro Gaiás e descubrir as historias que agochan os obxectos exhibidos, desde as grandes estatuas a outras pezas máis inusuais, que nos ofrecen unha perspectiva máis íntima da vida diaria en palacio ou das relacións diplomáticas do goberno desta cativadora civilización.

Marie Vandenbeusch

É comisaria do Departamento do Antigo Exipto e Sudán do British Museum, onde se encarga do  desenvolvemento de exposicións itinerantes como As momias exipcias. Explorando vidas antigas ou Faraón. Rei de Exipto, da que é comisaria xefe. As súas investigacións céntranse nas prácticas funerarias e máxicas do antigo Exipto, especialmente no estudo das momias e da cultura material.

 
Visitar
 
Verán 2021
De martes a domingo
Verán 2021
19 Xuñ 2021 | E martes e venres | 11h
Verán 2021
Mércores e sábados | 11h
Verán 2021
Xoves e domingos ás 11h