Concerto de Xardín Desordenado, en homenaxe a Blanco Amor

Con motivo da celebración do 120 aniversario do nacemento de Eduardo Blanco Amor, a Biblioteca de Galicia organiza un concerto a cargo do grupo Xardín Desordenado. Das múltiples facetas do autor, os músicos de Xardín Desordenado decidiron subliñar a súa condición de 'Autor das letras galegas', convencidos de que él valoraría especialmente este título no seu currículo.

O programa, titulado 'Eduardo Blanco Amor, home das letras', inclúe cancións compostas con textos do homenaxeado e outras con textos de galardoados outros anos como Díaz Castro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Valentín Paz Andrade, Xosé María Álvarez Blázquez e Rosalía.

 
En familia
 
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás