Centenario Camilo José Cela

A Biblioteca de Galicia pon en marcha un obradoiro literario e plástico, no que se traballará coa novela La colmena de Camilo José Cela, gañador do Premio Nobel de Literatura e do que se celebra o centenario do seu nacemento.

A través das personaxes, escenarios e situacións, Cela retrata a realidade social dunha época da historia española caracterizada pola miseria, polos seus contrastes, pola súa frustación e incerteza propias da posguerra. O mesmo que fixo Cela na novela, propoñemos xogar coa metáfora da colmea a través dun obradoiro plástico e de recreación de esceas claves. A cada participante proporcionaráselle unha tarxeta dunha personaxe da obra no que cada un deberá mergullarse.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás