A casa de Manuel María

Co gallo do Día das Letras Galegas, a Biblioteca de Galicia pon en marcha o obradoiro A casa de Manuel María, no que nenos de 5 a 12 anos poderán ilustrar os poemas e textos do escritor homenaxeado, ademais de construír un libro despregable coas súas ilustracións.

Os participantes poderán escoitar poesías, fragmentos de textos e cancións para debuxar a partir das descricións literarias recollidas nos libros: Os soños na gaiola, A tribo ten catro ríos, Os ontes do silencio, O bigote de mimí. En cada folla do libro ilustrarase unha poesía ou fragmento de texto descriptivo, do autor. Os libros despregables pódense expoñer de diferentes formas; de pé nunha tira continua, en triángulo, en círculo.... Estas diferentes formas evocarán as paredes da casa en miniatura do Manuel María reflectindo en cada páxina o seu mundo poético. 

Finalmente realizarase unha exposición conxunta, para todos os participantes, dos libros despregables dedicados a Manuel María.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás