A Casa das Letras | Obradoiro Día da Narración Oral

A Biblioteca de Galicia organiza o obradoiro A Casa das letras para celebrar o Día da Narración Oral. Nel, a cativada construirá de maneira sinxela os seus propios monicreques de cartón e papel, tendo as letras como protagonistas. Algunha vez pensaras que fan as letras mentres alguén as convida a participar nun conto? Agora podedes descubrilo visitando a súa casa. En cada cuarto hai un miniconto, como o que ten a letra "i", que imaxina mundos nos que xogar, ou a letra "u", que non pode ulir a deliciosa comida que prepara o "c". Esta casa será o punto de partida para elaborar o cadanseu boneco e a escenografía coa que contar a mini historia que se inventará no obradoiro a través do xogo.

Esta actividade céntrase no desenvolvemento de competencias de lectoescritura, fomentando a identificación das letras e palabras sinxelas e o recoñecemento do seu entorno máis próximo mediante o xogo, o exercicio da imaxinación e a manipulación de obxectos.

Imparte: Pedras de Papel

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás