A Biblioteca de Galicia celebra o Día das Bibliotecas coa representación teatral Carapuñiña vermella no faiado. Un espectáculo de público familiar da compañía Teatro do Andamio.
A protagonista da obra é Flora, unha actriz que conta sempre as mesmas vellas historias, pero dun xeito moi especial. Hoxe encarna o papel de Carapuchiña Vermella, o seu conto favorito de cando era unha rapaza! Pero as cousas complícanse: Flora chega tarde á actuación e, por se isto fose pouco, Bruno, o técnico desta obra, non aparece por ningures... Pero non vos preocupedes, porque neste faiado Flora atopará todo o que precisa para o espectáculo e, se cadra, aínda que ela non o saiba, a historia vai ser moi diferente ao que agarda.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

