Camiño ao Gaiás - 2012

Unha nova forma de achegarse e descobrir o Gaiás.

Organizada en colaboración coa Fundación USC Deportiva, da Universidade de Santiago, esta actividade pretende presentarlles aos visitantes novas rutas para achegarse a pé ao complexo deseñado por Peter Eisenman, poñendo en valor os seus fermosos arredores, tanto dende o punto de vista da natureza como dende a difusión do patrimonio histórico, permitindo descubrir algunhas das “xoias arquitectónicas” de Compostela.Acompañados por monitores da Fundación USC Deportiva, os participantes concentraranse no centro histórico de Santiago e subirán a pé ata a Cidade da Cultura. Unha vez alí, serán recibidos por un dos guías da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e completarán o seu percorrido cunha visita guiada ao exterior e interior do complexo.