Cambio climático. Experimentando co CO2

Imaxina poder seguir a pegada do carbono na Terra, recoñecelo e saber onde se atopa e como se forma?

O carbono forma parte das nosas vidas, atópase no solo que pisamos, no aire que respiramos, na auga, nos seres vivos: os animais, as plantas e ata en nós mesmos.Con este obradoiro que se compón de varios experimentos, verás que procesos da nosa vida cotiá están regulados polo carbono e aprenderás a descubrilo: poderás comprender mellor que é o efecto invernadoiro e por que se produce o cambio climático, ou en que consiste o ciclo do carbono, tanto no solo como na auga ou na atmosfera.Ademais poderás levar os protocolos dos experimentos para repetilos no instituto ou impresionar aos teus colegas, xa que para as experiencias usaremos reactivos inocuos, moi fáciles de conseguir ou que todos temos na casa.

 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)