Atardecer no Gaiás - 2012

A praza exterior da Cidade da Cultura convértese no escenario perfecto para gozar ao caer a tarde con espectáculos de pequeno formato no que se mesturan os máis diversos estilos musicais coa poesía e as propostas máis vangardistas no eido da videocreación en directo.

Música clásica, tradicional, pop, rock, jazz, flamenco, electrónica, funk, recitais… Un total de 27 actuacións que convidan ao relax, nunha atmosfera hipnótica como é o máxico momento do luscofusco.

O pop do ex Piratas, Fon Román; o rock das catalanas Santa Rita ou o folk rock do dúo coruñés Escuchando Elefantes desfilarán por esta segunda edición de Atardecer no Gaiás, no que tamén se darán cita o jazz de 2uS, a musicalización de poemas galegos que fai Xardín Desordenado, o repertorio popular do colectivo galego AVO (Atlantica Vapora Orquestra), o estilo folk electro-acústico da estadounidense Simone White  e os Atardeceres temáticos da Orquestra de Cámara Galega.

+ info: Programa completo (pdf)