Instituto Galego do Viño

O Instituto Galego do Viño é unha entidade educativa privada dedicada ao estudo e á difusión da cultura do viño en Galicia e á transmisión ao resto do mundo dos grandes valores do viño galego. O seu ámbito formativo engloba tanto a profesionales como a afecionados.

No ano 2006, Xoán Cannas iníciase na docencia do viño como Director de Programación da Aula do Viño de Novacaixagalicia (Caixanova, por aquel entón). Os seus estudos en Ciencias da Educación xunto coa dúa dilatada experiencia como sumiller lévano a desenvolver un intenso labor formativo que servirá para achegar os segredos do viño a centos de profesionais e afecionados ao longo de toda Galicia.

Como continuación deste labor educativo, no 2010 nace o Instituto Galego do Viño para estender a formación vitivinícola ao ámbito profesional e achegarlle á sociedade o coñecemento do viño a través, non só de seminarios e cursos de especialización, senón tamén mediante a organización de eventos e premios como son a feira “Viñerón″ ou os “Premios Magnum do Viño Galego”.

A día de hoxe, o equipo de docentes do Instituto Galego do Viño está constituido por sumilleres, viticultores, enólogos e bodegueiros de prestixio internacional. Estes profesores, xunto cos centos de alumnos que pasaron por algún dos cursos dirixidos por Xoán Cannas nos últimos anos forman a gran rede de traballo do Instituto Galego do Viño.

Contacto:

Teléfono:665 940 180

Mail:info@ingavi.org

 
Instituto Galego do Viño
Instituto Galego do Viño
Instituto Galego do Viño
Instituto Galego do Viño