Obradoiro 'Design Thinking' para emprendedores

Data: 
02/10/2018

O Centro de Emprendemento acolle unha nova actividade de formación aberta para as persoas emprendedoras do programa de formación e titorización do CEM. Nesta ocasión será un obradoiro de 'Design Thinking', metodoloxía empregada en procesos de innovación para a análise e proposta de solucións creativas a calquera problemática. Celébrase o luns día 2 de outubro en horario de 10 a 13 horas.

Durante a sesión os participantes traballarán con metodoloxías que permiten fortalecer habilidades e capacidades para idear e desenvolver novos productos ou servizos, ou ben profundizar no crecemento dos xa existentes. Aprenderán tamén a observar o mercado e o sector, identificando os problemas mais destacados e deseñando e experimentando con solucións posibles, para finalmente abordar a comunicación e a avaliación destas propostas por parte dos clientes tipo.

O obradoiro será impartido por Nuria Fernández,  profesional que acumula máis de 10 anos de experiencia titorizando proxectos emprendedores, de moi diferentes ámbitos, con especial enfase na transformación da idea inicial nun proxecto sostible. Ademais ten liderado proxectos empresariais nas primeiras etapas de vida ou acompañado estes en tarefas tales como a organización diaria da actividade, a comunicación cos clientes e a búsqueda de financiación.