Xa temos os gañadores do concurso de postais Imaxina o teu Nadal no Gaiás. Ante o alto número de propostas recibidas, o xurado valorou a creatividade e a imaxinación dos participantes segundo os seus tramos de idade.
Por categorías, os gañadores desta nova edición de Imaxina o teu Nadal no Gaiás son:
Categoría de 0 a 5 anos
Alba Fernández (1 ano)
Xulia Franco (3 anos)
Alec Blanco (5 anos)
Categoría de 6 a 9 anos
Iván Silva (6 anos)
Aldara Franco (7 anos)
Carmen de Cea Frutos (9 anos).
A entrega de premios terá lugar o vindeiro martes, 29 de decembro, no marco da Merenda do Nadal. Ademais dun pack de catro entradas para cada un dos gañadores, que poderá gozar da actividade en familia, os premiados recibirán un agasallo da Cidade da Cultura entre a actuación de Os Tres Tenedores e Odaiko Percusión.
Desde a Cidade da Cultura queremos agradecerlle a todos os participantes a súa ilusión ao tempo que queremos felicitalos pola súa creatividade e enseño á hora de deseñar as súas propias postais.






