Santiago de Compostela, 23 de Xaneiro de 2026
⚠️ Por mor das condicións meteorolóxicas adversas previstas polo paso da borrasca Ingrid nesta fin de semana, pregamos a todas as persoas que se acheguen á Cidade da Cultura que extremen as precaucións e eviten atravesar o Bosque de Galicia e as zonas de arboredo. Recoméndase, igualmente, empregar os accesos asfaltados ao Gaiás e camiños con pavimento para evitar caídas e esvaróns.
