Santiago de Compostela, 21 de Xullo de 2017
Por indisposición do artista, vémonos na obriga de aprazar o concerto de hoxe de C. Tangana ao vindeiro mércores, 26 de xullo.
Desde a Cidade da Cultura lamentamos profundamente o malestar que esta cancelación, allea totalmente á organización, poida ocasionarvos.
O Atardecer no Gaiás de hoxe contará coa pinchada prevista de DJ Chago a partir das 21 horas. Con entrada libre.
