A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convida a todos os afeccionados ao ciclismo a acudir o domingo 14 de setembro ao Gaiás para presenciar a última etapa da Vuelta Ciclista a España, unha contrarreloxo individual que sairá da Cidade da Cultura e rematará na praza do Obradoiro.
A partir das 17 horas os corredores comezarán a saír desde a rampa situada entre a Biblioteca e o Centro de Emprendemento. O descenso do Gaiás ofrece unha lugar perfecto para gozar dun etapa rápida na que se coñecerá o gañador desta edición.
Antes da saída, a Cidade da Cultura será escenario dos exercicios de recoñecemento de circuíto e de quecemento dos corredores, ofrecendo a oportunidade de estar preto de Alberto Contador, Chris Froome e do resto das estrelas que participan nesta competición.
Servizo especial de autobuses
O domingo operará un servizo especial de autobuses para achegarse ao Gaiás. Esta liña de lanzadeiras sairá desde a rúa Ramón Piñeiro, paralela ao Parlamento de Galicia, e chegará ata as Torres Hejduk. No sentido inverso, os autobuses sairás das torres para chegar ata a Praza de Galicia, co obxectivo de achegar o mais posible o casco antigo a todos os que queiran presenciar tamén a chegada ao Obradoiro.
O acceso peonil a Cidade da Cultura estará permitido durante toda a fin de semana, así como a entrada a visita aos edificios abertos ao públicos nos horarios habituais (Museo Centro Gaiás e Biblioteca de Galicia).O acceso ao Gaiás en vehículo privado estará prohibido desde as 12 ás 21 horas do domingo. Ademais, desde o sábado o aparcamento estará limitado e só se poderá utilizar o primeiro parking.
Auga Doce: últimos días
Coincidindo co final da Vuelta, o Museo Centro Gaiás despedirá o domingo a exposición ‘Auga Doce’, aberta desde o pasado mes de marzo. Ata o domingo, as visitas continúan a ser de balde e, ademais grazas a Balnearios de Galicia, cada día estase a sortear unha estancia nun balneario galego.
| 891.99 KB |


