A cellista Olga Rostropovich visita a Cidade da Cultura

Santiago de Compostela, 27 de Setembro de 2013

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse onte á mañá coa cellista Olga Rostropovich e co pianista Javier Otero na Cidade da Cultura de Galicia. Posteriormente realizou con eles unha visita á exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido no Museo Centro Gaiás do complexo deseñado por Peter Eisenman. Durante esta visita, estiveron acompañados pola directora xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño.