O Arquivo de Galicia pecha os actos conmemorativos organizados durante este 2022 por mor do centenario do nacemento da escritora Luz Pozo Garza, cunha xornada na que se reflexionará sobre unha figura tan importante na literatura galega e española a través dunha conferencia e unha mesa redonda. Durante o acto, será presentado o catálogo realizado con motivo da exposición "Constelación Luz", que aínda pode visitarse ata o 17 de outubro no vestíbulo do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.
PROGRAMA DA XORNADA
11.00 h: Inauguración das xornadas polo Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez e presentación do catálogo realizado con motivo da exposición “CONSTELACIÓN LUZ. LUZ POZO GARZA, 1922-2022. POESÍA, ARTE E VIDA”.
11.30 h: Conferencia de clausura
- Carmen Blanco, profesora de Humanidades, escritora e especialista na poeta
“Corazón Luz. Iluminando artes da beleza sempre en Luz Pozo Garza”
12. 30 h: Mesa redonda de clausura. Arte e ciencia
- María Novo Villaverde, escritora e poeta. Catedrática de Educación Ambiental
"Luz Pozo: o seu diálogo artístico e filosófico coa ciencia"
- Andrés Pociña, Catedrático de Filoloxía Latina e escritor
“Pazo de Tor, última obra de Luz (primeira parte)”
- Aurora López, Catedrática de Filoloxía Latina
“Pazo de Tor, última obra de Luz (segunda parte)”
13.30 h: Proxección do documental “Na procura da Luz”, realizado en 2020 por Rosa Taboada tras o falecemento da poeta, no que se fai un percorrido pola súa vida e obra e incorpora testemuños de persoas próximas a ela.
