Xornada centenario Luz Pozo Garza | Conferencia e mesa redonda


No marco das actividades programadas para conmemorar o centenario do nacemento de Luz Pozo Garza (1922) o Arquivo de Galicia acolle unha xornada para achegarse á figura da poeta galega cunha conferencia e unha mesa redonda que trata de afondar na súa obra literaria.

O evento celébrase no Auditorio Neira Vilas (Biblioteca e Arquivo de Galicia, Cidade da Cultura) e a entrada é de balde. Por motivos de aforo é preciso, de todas maneiras, confirmar asistencia reservando praza a través desta web.

PROGRAMA

Conferencia e Mesa redonda Inaugural dos actos de celebración do Centenario de Luz Pozo Garza

 Lugar: Auditorio Neira Vilas | Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia | Cidade da Cultura de Galicia

- 11.00 a 12.00H. Conferencia inaugural a cargo de Xesús Alonso Montero (11-12 h.)

- 12.00 a 13.00H. Mesa redonda sobre a súa obra literaria (12-13 h.). Interveñen: 

  • Xosé María Álvarez Cáccamo 
  • Claudio Rodríguez Fer 
  • Olivia Rodríguez González