Xincana familiar de arquitectura | Nadal no Gaiás 2023-2024

Nesta xincana, a medio camiño entre xogo de exploración e concurso de preguntas, a Cidade da Cultura reta ás familias a descubrir ata os segredos máis agochados dos edificios do Gaiás. Afondaremos no xeito en que están construídos pero tamén nas súas curiosidades máis divertidas, dun xeito lúdico enfocado a que gocen da visita persoas de todas as idades.

Esta actividade, dirixida a tirar o máximo proveito do tempo compartido en familia nestes días do Nadal, proponse achegar aos máis pequenos e pequenas ao mundo da arquitectura contemporánea nunha sesión didáctica e lúdica.

 
En familia