Visitas familiares a exposición CJC. O centenario dun Nobel

Durante o Nadal, a exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade ábrese ás familias con percorridos adaptados nas que gozarán por igual grandes e pequenos.

Despois dunha visita comentada á exposición, na que descubrirán a obra do Premio Nobel galego, maiores e cativos entrarán no Estudo do Escritor. Alí experimentarán os segredos da creación literaria nun obradoiro creativo no que aprenderán a crear personaxes e contar as súas propias historias como auténticos literatos.

 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)