Viaxando... ao Xapón

No obradoiro deste domingo eliximos unha instantánea na que aparece un abano tradicional xaponés para realizar unha manualidade sinxela pero moi creativa, na que crearán o seu propio abano de papel. Para completar esta sesión darémoslle a coñecer aos asistentes parte das máscaras do teatro Noh, unha arte tradicional xaponesa que cativou a José Suárez, relacionándoas á súa vez coas emocións que nos inspiran.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)